Empezo hoxe a andadura nova neste blogue. Recén xubilada espero publicar máis a miúdo as cousas que fago.Vaian por diante unhas cantas afirmacións:
1º O meu amor pola terra que me veu nacer e na que vivo GALICIA. Antes que nada son galega
2º O gusto polas cousas feitas á man
3º O meu agradecemento a todas aquelas persoas que comparten en Internet os seus traballos, patróns, instrucións e ideas.
O motivo polo que emprego o galego é porque é a miña primeira lingua. Nela foron as miñas primeiras palabras e o serán sempre. Só pido a quen non entenda algo mo faga saber e con gusto llo traducirei.
Un saúdo para os irmáns de fala portuguesa dos que teño sacado moitas ideas.
Unha vila que adoro. Alí naceu meu avó

Ningún comentario:
Publicar un comentario