domingo, 20 de marzo de 2016

Chal para a casa.

 
 

Chal saroyan

Empezando a miña versión  do chal.
 
 
Xa rematado.
 
 
A foto non é moi boa. É algo que teño pendente para mellorar.
 
 
 
 
Está feito a punto bobo, ou sexa tódalas voltas do dereito. e vaise aumentando polo lado da puntilla unha basta en cada volta do dereito.
 
 
 
Este é o esquema da puntilla



 


Empezo hoxe a andadura nova neste blogue. Recén xubilada espero publicar máis a miúdo as cousas que fago.Vaian por diante unhas cantas afirmacións:
      1º O meu amor pola terra que me veu nacer e na que vivo GALICIA. Antes que nada son galega
      2º O gusto polas cousas feitas á man
      3º O meu agradecemento a todas aquelas persoas que comparten en Internet os seus traballos, patróns, instrucións e ideas.
O motivo polo que emprego o galego é porque é a miña primeira lingua. Nela foron as miñas primeiras palabras e o serán sempre. Só pido a quen non entenda algo mo faga saber e con gusto llo traducirei.
Un saúdo para os irmáns de fala portuguesa dos que teño sacado moitas ideas.


 
Unha vila que adoro. Alí naceu meu avó